Os piragüistas galegos despídense do Mundial sen medallas pero con boas sensacións
Por Redacción
As medallas resistíronse á representación galega no Mundial de Moscú, finalizado este domingo, pero as sensacións que os padexeiros deixan son moi positivas de cara ao principal obxectivo de todos eles, a clasificación olímpica para Río 2016 que deberán lograr o próximo ano.
Na última xornada tres finais contaban con representación galega, finalizando cun noveno posto das lerezanas Jenifer Casal e Raquel Rodríguez (Ciudad de Pontevedra) no C-2 500 metros, tras marcar un tempo de 2:19.471.
Pola súa banda o K-2 500 de Rubén Millán e Diego Piña (Kayak Tudense) foron sextos tras entrar en meta cunha marca de 1:31.720, mentres o K-4 1.000 con Rodrigo Germade, ÿscar Carrera (Kayak Tudense) lle castigou a fortuna, pois unha avaría deixou a embarcación fóra de combate cando pelexaban polas medallas.
Tamén competiron na última xornada do Mundial Adrián Sieiro (Piragüismo Poio), cun esperanzador segundo posto na final B do C-1 500, e Tono Campos e Diego Romero (Breogán do Grove), cuartos na final B de C-2 1.000 metros.
Nos relevos, o K-1 con Arévalo e Toro e o C-1 con David Cal, Adrián Sieiro e André Oliveira foron sextos. As únicas medallas mundialistas do equipo español chegaron no último día de competición da man de Saúl Craviotto e Marcus Cooper, con senllos bronces en K-1 200 e K-1 500 respectivamente.
Relacionadas:
-
Pontevedra, cidade de piragüistas
Por Redacción |
-
Breogán e Piragüismo Poio destacan no Campionato de España de Pista
Por Redacción |
-
David Cal e Ana Varela, lonxe das medallas nas primeiras finais do Mundial de Moscú
Por Redacción |
-
Protagonismo galego no Mundial de piragüismo de Moscú
Por Redacción |
-
David Cal clasifícase para a final do C-1 1.000 no primeiro día do Mundial de Moscú
Por Redacción |