O Club do Mar de Bueu ascende a División A da Liga Galega de Traiñeiras
Por Redacción
Por unha marxe de apenas un segundo. ÿ a diferenza que permitiu ao Club do Mar de Bueu ascender á División A da Liga Galega de Traiñeiras.
A tripulación morracense pelexaba con Perillo, Chapela e A Cabana por unha praza na máxima categoría autonómica, e logrouno grazas ao cómputo dos tempos entre as dúas regatas disputadas esta fin de semana en Viveiro e Ribadeo.
Na primeira delas Perillo sumou catro puntos ao impoñerse aos seus rivais, con Bueu en segundo lugar. A orde inverteuse na segunda xornada provocando un empate de puntos.
Na suma de tempos Bueu sumou 42 minutos, 19 segundos e 13 centésimas, polos 42 minutos, 20 segundos e 40 centésimas de Perillo.
Pola súa banda nas últimas probas da División A Samertolameu, que chegaba como líder destacado, confirmou o seu campionato por diante de Amegrove, gañador da última regata. Ambas as dúas tripulacións loitarán no play-off por ascender á Liga San Miguel ACT.