A Liga Galega de Traiñeiras entra na súa recta final con Samertolameu na cabeza
Por Redacción
A División A da Liga Galega de Traiñeiras empeza a definirse cando entra na súa recta final.
Tras a disputa este fin de semana da XXXII Bandeira Concello de Moaña, a tripulación do club desta mesma localidade, Samertolameu, destácase na cabeza da xeral.
Samertolameu impúxose en Moaña con Amegrove en segunda posición, mesma posición que ambas as dúas tripulacións ocupan na clasificación, con 69 e 65 puntos respectivamente. Mugardos (51 puntos) e Vilaxoán (44) séguenos a maior distancia.
Pola súa banda na segunda categoría Bueu foi segundo en Cabo de Cruz e alzouse coa Bandeira Concello de Cangas apertando a clasificación.
Coruxo mantense na cabeza (77 puntos) seguido de preto por Bueu (75), Perillo (74) e Mecos (74).
Relacionadas:
-
O Club do Mar de Bueu ascende a División A da Liga Galega de Traiñeiras
Por Redacción |
-
Amegrove, cun dobre segundo posto, alónxase do título da Liga Galega de Traiñeiras
Por Redacción |
-
Samertolameu volve derrotar a Amegrove en Redondela; Mecos, máis líder na Liga B
Por Redacción |
-
Máxima igualdade na Liga B de traíñas: Mecos e Coruxo, líderes; Perillo e Bueu, a dous puntos
Por Redacción |
-
O Grove recupera a Bandeira Virxe do Carme de traiñeiras tras doce anos sen celebrarse
Por Redacción |