O Peixegalego repesca a Al Rapier e o Xuven de Cambados incorpora a Austin Ramljak
Por Redacción
ÿltimos movementos de Xuventude Cambados e Marín Peixegalego pensando na nova tempada na Liga LEB Prata, que arranca en apenas un mes.
O equipo marinense, tras valorar a opción nos últimos días, confirmou a fichaxe de Al Rapier, xogador interior que volve ao Peixegalego tras a súa marcha mediado o pasado curso.
Por aquel entón o xogador estadounidense alcanzaba 8,3 puntos e 4,9 rebotes por partido, pero unha lesión no seu nocello da que non se lograba recuperar propiciou a súa rescisión de mutuo acordo.
Pola súa banda o Xuven incorporou esta semana á súa penúltima fichaxe, o aleiro norteamericano con pasaporte croata Austin Ramljak.
Trátase dun xogador de 23 anos procedente da liga universitaria estadounidense (NCAA) e que chega a Cambados para mellorar o tiro exterior do conxunto adestrado por Yago Casal, que aínda espera a chegada dun xogador interior antes de dar por pechado o plantel.
Relacionadas:
-
Ike Azotam, un ala-pívot estadounidense para reforzar o xogo interior do Peixegalego
Por Redacción |
-
O Peixegalego ficha ao aleiro Javier Medori e pensa na volta de Al Rapier
Por Diego Espiño |
-
Cedric Belemene abandona o Peixegalego e marcha a EE.UU
Por Redacción |
-
Xuven e Peixegalego avanzan na composición dos seus planteis
Por Redacción |
-
Peixegalego e Xuven xa coñecen o calendario da súa segunda aventura na Liga Adecco Plata
Por Redacción |