O Leis presenta a súa campaña de socios co lema "Tú eres nuestra bandera"
Por Redacción
O Leis Pontevedra presentou a campaña de socios para a presente tempada, na que os seus equipos sénior disputarán a Segunda División feminina e a Segunda B masculina.
Baixo o lema "Ti es a nosa bandeira" o club lerezano espera atraer os afeccionados ao fútbol sala ata o Pavillón Municipal dos Deportes nunha tempada na que contará con 24 equipos en liza e preto de 270 xogadores entre as diferentes categorías.
O prezo dos abonos dará dereito a acceder aos encontros dos equipos sénior, masculino e feminino:
CATEGORÍA | PRECIO |
Adulto | 30 euros |
Juvenil | 20 euros |
Jubilados | 20 euros |
Peñas | 14 euros |
Familiar | 50 euros |
Protector | 100 euros |
Empresa protectora | 200 euros |
Os interesados en retirar o abono do Leis poderán facelo nas oficinas do club, no Pavillón Municipal dos Deportes, en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas, a través do correo electrónico leispontevedrafs@gmail.com ou chamando ao teléfono 645442826.