Derrota en Ourense (8-3) para o Leis feminino no seu debut en Copa Xunta
Por Redacción
Era un difícil rival para o seu primeiro partido de pretempada, un equipo de Primeira División como o Ourense Envialia e moito máis rodado posto que a súa liga comeza esta mesma semana, pero o Leis Femenino deixou boas sensacións na súa estrea.
En partido correspondente á fase de grupos da Copa Xunta as rapazas de Jacobo Estors caeron por un claro 8-3 en Ourense pero mostraron unha positiva imaxe na segunda metade do choque.
Na primeira parte o Ourense foi moi superior (5-1), pero tras o paso por vestiarios as pontevedresas quitaron a presión para recortar distancias (5-3) e mesmo desperdiciar un penalti a falta de seis minutos antes de que as locais sentenciasen o encontro.
O segundo e último compromiso do Leis na Copa Xunta disputarase o próximo 17 de setembro, mércores, cun enfrontamento ante o Poio Fútbol Sala no Pavillón Municipal dos Deportes a partir das 21:00 horas.
Relacionadas:
-
Complicado inicio de liga para o Leis feminino coa visita do Soto del Real
Por Redacción |
-
Leis Femenino e Poio FS reviven os seus derbis no Municipal con triunfo visitante (1-2)
Por Redacción |
-
O Leis presenta a súa campaña de socios co lema "Tú eres nuestra bandera"
Por Redacción |
-
A dificultade de gañar un posto no Leis feminino
Por Redacción |