Tensa espera no Sanxenxo, que defende o seu bo proceder na suposta aliñación indebida ante o Choco
Por Diego Espiño
Tres semanas despois de que a Xuíza ÿnica de Terceira División dese tres días de prazo ao Sanxenxo para alegar ante a denuncia por suposta aliñación indebida presentada polo Choco, o club amarelo segue agardando unha resolución.
Na tarde do martes a xuíza de competición publicou as sancións correspondentes á pasada xornada e, de novo, non consideraba os expedientes de impugnación abertos aos partidos da primeira xornada de liga entre Sanxenxo e Choco e tamén entre Ribadeo e Alondras.
Manolo Veiga: "Non fixemos nada que a federación non nos dixera que podiamos facer"
No caso do Sanxenxo, o expediente podería desembocar na perda de tres puntos, despois de que o Choco denunciase a aliñación de Diego Peña, quen contaba cunha sanción correspondente á pasada campaña, cando xogaba no Grixoa.
Non obstante o club amarelo segue defendendo o seu xeito de actuar, pois "non fixemos nada que a federación non nos dixera que podiamos facer", mantén o seu presidente, Manolo Veiga.
O dirixente asegura entender ao Choco pero manifesta que "nós non cometemos ningún erro, en todo caso foron eles os que nos levaron a erro".
Veiga móstrase intranquilo pola tardanza na resolución, ao tempo que adianta que no caso de resultar desfavorable recorrerán ata a última instancia posible porque "teremos que ir buscando a verdade", defende o presidente do Xuventú Sanxenxo.
Relacionadas:
-
Apelación quítalle tres puntos ao Sanxenxo ao estimar o recurso do Choco, novo líder de Terceira
Por Diego Espiño |
-
Desestimada a denuncia por aliñación indebida do Sanxenxo ante o Choco
Por Diego Espiño |
-
Tres días de prazo para as alegacións do Sanxenxo antes de resolver a denuncia por aliñación indebida
Por Diego Espiño |
-
O Choco impugna o partido ante o Sanxenxo por suposta aliñación indebida
Por Diego Espiño |
-
O Sanxenxo logra os seus tres primeiros puntos ao vencer pola mínima ao Choco (1-0)
Por Redacción |