Marín prepárase para "la mejor milla urbana que se ha hecho en Galicia"
Por Diego Espiño
As previsións apuntan que entre as categorías inferiores, os federados e a proba popular, a XVII Milla Urbana San Miguel pode convertise, con preto de 1.000 participantes, na máis concorrida das celebradas ata o momento.
A Avenida de Ourense de Marín volverá acoller a competición o próximo sábado 27 de setembro na que será "la mejor milla que se ha hecho en Galicia en toda la historia", apuntou Gonzalo Méndez na presentación da carreira.
Gonzalo Méndez: "Es la primera vez este año que se juntan los mejores atletas gallegos"
Esa afirmación prodúcese non só pola elevada participación, senón pola súa calidade, destacou Méndez, ao ser "la primera vez este año que se juntan los mejores atletas gallegos".
En Marín estarán deportistas como Víctor Riobó, Solange Pereira, Miguel Otero, Leticia Fernández, Eva Cid, Uxía Pérez ou Ángela González, entre outros.
En total, dende as 17:00 horas, disputaranse 21 carreiras nas diferentes categorías ata chegar aos federados sénior, coa proba feminina prevista para as 19:40 horas e a masculina para as 19:50.
CAMPIONATO DE ESPAÿA EN 2016
A milla urbana organizada polo Club Atletismo San Miguel apunta a organizar o Campionato de España da especialidade.
Estanse a dar os pasos necesarios para que así sexa, como a homologación do circuíto, e tras a designación da localidade canaria de La Palma para o próximo ano Marín ten "preconcedida" a organziación para 2016, tal e como aseguraron os organiadores na presentación da presente edición, celebrada no Concello de Marín.