O Campionato Internacional Cidade de Pontevedra de Taekwondo eleva o nivel na súa XVII edición
Por Diego Espiño
O Club de Taekwondo Mace-Sport prepara xa a que será a décimo sétima edición do Campionato Internacional Cidade de Pontevedra, que terá lugar a próxima fin de semana, 1 e 2 de novembro, no Pavillón Municipal dos Deportes.
Un total de 1.051 deportistas inscribíronse para a cita no "campionato dos que se fai en España con máis participación en combate", segundo recoñece Miguel Cortegoso.
Así, ademais dos deportistas locais e do resto de España, haberá presenza dun equipo francés, un de Cabo Verde e multitude de portugueses, ao ter decidido a federación lusa outorgar puntos para o seu ranking nacional na proba pontevedresa.
A competición dividirase en dúas xornadas, coa modalidade de combate o sábado e o domingo técnica, 'freestyle' e exhibicións.
O sábado 1 de novembro a actividade comezará en xornada de mañá (de 9:00 a 14:00 horas) coas categorías Infantil, Absoluta e Máster, mentres en horario de tarde (de 16:00 a 21:00 horas) será a quenda dos cadetes e os júniors.
Pola súa banda o domingo a actividade terá dúas quendas: de 10:00 a 14:00 para a técnica e o 'freestyle' e de 16:00 a 18:00 para as exhibicións.
A entrada para cada unha das sesións fixouse en 3 euros para o público.
Relacionadas:
-
Conceden a Pontevedra o Open de España de Taekwondo 2015, que reunirá a elite mundial
Por Diego Espiño |
-
Bo papel do taekwondo local no XVII Campionato Internacional Cidade de Pontevedra
Por Diego Torrado |
-
Xian Silva, subcampión de Europa de taekwondo sub 21; Sara Cortegoso gaña o bronce
Por Alejandro Espiño |