Tubo, satisfeito coa evolución da súa lesión: "Hace dos semanas no pensaba que ahora mismo iba a estar así"
Por Diego Espiño
Despois duns meses de calvario, Rubén López 'Tubo' volveu sentirse o pasado domingo futbolista co seu debut en liga.
Malia todo, o xogador granate non deixou atrás a hernia discal que lle apartou do grupo dende o inicio da pretempada. Tubo recoñece que "hace dos semanas no pensaba que ahora mismo iba a estar así", pero a evolución positiva non fai que descarte o seu paso polo quirófano, xa que as dores persisten.
Así o recoñeceu a PontevedraViva ao termo do primeiro adestramento semanal, na Xunqueira, xa que segundo manifesta "acabé de entrenar y me duele un poquito. Aquí el terreno es muy duro, la sesión fue muy intensa y también hay que valorar eso".
Esa precaución non esconde a satisfacción do futbolista tras volver axudar ao equipo e encontrarse "bien físicamente, pensé que iba a estar peor, eso sí al final del partido me dolía un poco pero es normal, llevo mucho tiempo parado y hay que ir poco a poco".
Sen embargo, aínda que quere ir con calma, Tubo foi protagonista na xogada decisiva do partido ante o Boiro: "En el último minuto se te da por encarar y dar un pase atrás y acaba en gol, eso te fortalece y te ayuda".
Tubo: "Al final del partido me dolía un poco pero es normal, llevo mucho tiempo parado y hay que ir poco a poco"
O centrocampista valorou tamén as primeiras sesións de traballo con Luisito, unha semana "entrenando muy intenso, con mucho trabajo y el fin de semana se vio reflejado. El equipo estuvo bien, a los últimos minutos llegamos un pelín cansados pero estuvimos muy intensos". Palabra dun dos capitáns do Pontevedra Club de Fútbol.
ANXO CONVÿRTESE EN DÿBIDA PARA LARACHA
Luisito encontrouse na primeira sesión da semana cos problemas físicos de Anxo, que se converte en dúbida para o encontro da próxima xornada en Laracha.
Anxo danou o nocello nun lance do xogo cun contrario e malia que no momento apenas tivo problemas para continuar no terreo de xogo, unha vez frío o seu nocello inchouse debido a unha lixeira escordadura.
O futbolista empezou a súa recuperación co fisiterapeuta do club, Manuel Barros, e espera reitegrase no grupo aos longo da semana, pero a evolución da lesión marcará a súa dispoñibilidade de cara ao próximo domingo.