Tubo non pon data para o seu regreso aos terreos de xogo
Por Diego Espiño
Malas novas para Rubén López 'Tubo', que segue sen recuperarse dos problemas de costas que lle apartaron do equipo dende o inicio da pretempada.
O futbolista, tal e como informou PontevedraViva na previa do choque ante o Ribadeo, foi sometido o venres a unha resonancia magnética no Hospital Domínguez ao non mellorar da súa doenza, e a proba revelou que sofre unha "pequeña hernia discal que está tocando el nervio ciático", segundo recoñece o propio xogador.
O médico do Pontevedra, Alberto Domínguez, recomendou un tratamento conservador, que xa se iniciou cunha primeira inxección de corticoides que Tubo asegura "ha ido bastante bien".
A finais desta mesma semana o extremo volverá exercitarse, comezando con carreira continua para comprobar a súa evolución. Se non mellora pode someterse a dúas inxeccións máis antes de verse obrigado a pasar polo quirófano, o que elevaría considerablemente o seu período de baixa.
Por ese motivo Tubo prefire non se marcar prazos: "prisa no tengo ninguna porque si me vuelve a dar además de pasarlo mal habría que operarse", recoñeceu.
En todo caso se o tratamento conservador sae ben o xogador deberá "hacer una pequeña pretemporada", polo que a súa entrada no equipo se restrasará no mellor dos casos varias semanas, todo un contratempo para Manu Fernández, que a pasada campaña tiña en Tubo a un dos futbolistas máis determinantes.
Relacionadas:
-
Tubo, satisfeito coa evolución da súa lesión: "Hace dos semanas no pensaba que ahora mismo iba a estar así"
Por Diego Espiño |
-
Media hora nefasta conduce ao fracaso a un lamentable Pontevedra en Ribadeo (3-2)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
A Ribadeo sen confianzas e co único obxectivo de sumar os tres puntos
Por Ramiro Espiño |