O Teucro inicia unha minipretempada de dúas semanas coa mente posta no Alcobendas
Por Diego Espiño
Tres días máis tarde dos inicialmente previsto, a xeito de premio polo bo rendemento do equipo, o primeiro plantel da Sociedad Deportiva Teucro volveu ao traballo este luns tras o parón do Nadal.
Fíxoo ademais cunha dobre sesión na que o preparador físico do club, Toño Puga, tivo especial protagonismo.
Malia recoñecer que os xogadores chegaron nun grande estado de forma Puga preparou unha intensa minipretempada co obxectivo de chegar en plenas condicións á volta da competición, o sábado 17 de xaneiro ante o Alcobendas no Municipal pontevedrés.
Pola mañá os azuis protagonizaron unha sesión física, con parte no exterior, mentres pola tarde o traballo incluíu traballo táctico ás ordes de Quique Domínguez.
Nesta primeira semana de adestramento os teucristas afrontarán outras dúas sesións dobres o mércores e o xoves, descansando unicamente o domingo tras xogar na tarde-noite do sábado o amigable programado ante o Balonmano Granollers.
A nota máis positiva para os azuis é que o descanso propiciou a mellora de varios xogadores que arrastraban molestias nos últimos partidos ligueiros, casos de Marcos Dorado ou García Pichel.
Esquecidos eses problemas a única baixa para Quique Domínguez é César Armán, que segue recuperándose da súa operación de xeonllo.
Relacionadas:
-
Xornada redonda para o Teucro que sofre para gañar (35-32) o BM Alcobendas
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Presenciar o duelo de históricos entre Teucro e Granollers custará un só euro
Por Diego Espiño |
-
O Teucro inicia os actos do seu 70 aniversario o día 10 de xaneiro cun amigable ante o Granollers
Por Redacción |