Presenciar o duelo de históricos entre Teucro e Granollers custará un só euro
Por Diego Espiño
Como 70 anos non se cumpren todos os días, a Sociedad Deportiva Teucro decidiu celebrar a efeméride como se merece, cun "programa de actividades para todo el año", recoñece o seu presidente Carlos García-Alén, que arrancará o próximo sábado 10 de xaneiro.
Será cunha xornada deportiva que concluirá co duelo entre os dous equipos máis antigos de España, o propio Teucro e o Balonmano Granollers, que en 2015 cumprirá, 71 anos.
Para este amigable, que se celebrará ás 20:00 horas no Pavillón Municipal dos Deportes, fixouse unha entrada simbólica dun euro, coa que os asistentes participarán nun sorteo de senllas camisetas asinadas por ambos os dous equipos.
Antes ás 18:00 horas o equipo que logrou o ascenso a División de Honra no ano 1983 disputará un amigable ante unha selección galega de veteranos e as escolas deportivas, de 11:00 a 13:00 horas, protagonizarán unha serie de encontros que contarán ademais con actividades lúdicas paralelas.
O que se tivo que suspender é o partido previsto do equipo feminino, ante a ausencia de última hora do Balonmán Porriño.
A xornada festiva intentará convocar no Municipal "a todo o mundo, os que o son seguidores e os que o foron, que volvan a unha familia, a do balonmán, que sempre foi ampla en Pontevedra", sinalou o concelleiro de Deportes, Agustín Fernández, que acompañou García-Alén e a deputada provincial Ana Isabel Vázquez na presentación dos actos.
Relacionadas:
-
Derrota doce do Teucro ante o Granollers (34-37) no colofón dunha intensa xornada festiva
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
O Teucro inicia unha minipretempada de dúas semanas coa mente posta no Alcobendas
Por Diego Espiño |
-
O Teucro inicia os actos do seu 70 aniversario o día 10 de xaneiro cun amigable ante o Granollers
Por Redacción |