O Open de Grecia, parada dos taekwondistas pontevedreses
Por Redacción
A localidade de Tesalónica será escenario entre os días 16 e 18 de xaneiro do Open de Grecia de taekwondo, no que están inscritos varios deportistas pontevedreses.
Tres deles son taekwondistas do Mace Sport de Pontevedra, incluídos no equipo que despraza ao país heleno a Federación Galega.
O máis experimentado deles é Xián Silva, que actualmente adestra no Centro de Alto Rendemento de Murcia e tras o seu paso a categoría absoluta busca facerse un oco no equipo nacional. Competirá en -74 quilos.
Tamén saltou de categoría Javier González. O bronce mundial cadete participará na categoría -63 quilos júnior, mesma idade na que Sara Cortegoso intentará destacar, no seu caso en -46 quilos.
Tamén estarán en Grecia o pontevedrés do Hebe Moaña Borja Ríos (-58 kilos), a marinense do Mat's Katia Calvar (-67 quilos) e a caldense do Natural Sport Lúa Piñeiro (-67 quilos), co obxectivo de intentar repetir os bos resultados obtidos en probas similares no tramo final do pasado ano.
Relacionadas:
-
Lúa Piñeiro, Javier González e Sara Cortegoso, medallistas no Open de Grecia de taekwondo
Por Redacción |
-
O Nacional de taekwondo despídese de Pontevedra con medallas de ouro para Mace Sport e Katia Calvar
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |
-
Bronces para Katia Calvar e Lúa Piñeiro no Open de París de taekwondo
Por Redacción |