O Pontevedra B segue sen levantar cabeza e perde (1-2) ante o Arenteiro
Por Redacción
Segue sen levantar cabeza o Pontevedra B, que cae de novo á última posición da táboa ao ser derrotado na Xunqueira por un Arenteiro ao que lle abondou aproveitar as facilidades que lle deron os inexpertos xogadores locais para levarse os tres puntos con comodidade.
O filial granate tivo unha saída moi desafortunada e practicamente entregou o partido no primeiro cuarto de hora, recibindo dous goles case consecutivos en apenas dous minutos, obra de Dani Álvarez e Víctor Gallego.
Milo Abelleira quixo buscar solucións no banco, esgotando os cambios xa no descanso, pero foi inútil e, aínda que o Pontevedra B conseguiu reducir diferenzas nos últimos minutos, non puido evitar unha nova derrota.
PONTEVEDRA B (1): Adrián; Dani Otero (Piñeiro, min. 46), Iago, Brais (Xurxo, min. 46), Juan Sánchez, Corrales, Agus (Filgueira, min. 21), Álex Hernández, Roberto Otero, Richard e Diego (Docampo, min. 46).
CD ARENTEIRO (2): José; Adrián, Jesús Cerdeira, Diego López, Dani Álvarez (Carlos, min. 69), Dafonte, Martín Pérez (Sanginés, min. 69), Víctor Gallego (Manuel Otero, min. 65), Dani Vázquez (Brais, min. 64), Bardelas e Marcos Sotelo.
Árbitro: Bernardo Domínguez Manteiga (Pontevedra), auxiliado nas bandas por Francisco Xabier Rodríguez Campos e Alejandro Vilariño Hidalgo. Amoestou á os xogadores locais Juan Sánchez e Xurxo e aos visitantes Dani Álvarez e Bardelas.
Goles: (0-1) Minuto 9: Dani Álvarez. (0-2) Minuto 11: Víctor Gallego. (1-2) Minuto 83: Juan Sánchez.
Incidencias: Sintético da Xunqueira (Pontevedra). Uns 100 espectadores.