Empate insuficiente do Villalonga na Estrada (1-1)
Por Redacción
O Villalonga segue sen non poder achegarse aos postos altos da clasificación tras empatar na súa visita ao Estradense (1-1).
O partido empezou de cara para os celestes, cun penalti ao seu favor no primeiro minuto de xogo por un derrubamento a Cerqueiras.
Diego Álvarez estivo máis acertando detendo o lanzamento, aínda que 20 inutos despois, de novo dende os 11 metros, non puido facer o mesmo con outra pena máxima que transformaría Manu no 0-1.
Con vantaxe o Villalonga parecía cómodo sobre o terreo de xogo, ata que no minuto 36 Silva puxo as táboas nun lanzamento de falta.
A partide dese momento producíronse alternativas no xogo, pero ningún dos dous equipos foi capaz de desnivelar a contenda.
Co empate o Villalonga queda na novena posición a 10 puntos dos postos de ascenso.
CD ESTRADENSE (1): Diego Álvarez, David (Rivadulla, min.80), Martín, Mateo, Víctor (Arturo, min.76), Manuti, Unai, José Ramón, Silva, Terzado, Jorge.
VILLALONGA FC (1): Ramón, Gabriel (Darío,min.59), Francisco, Manu, Alberto (Nieto, min.82), Machu, Jesús Figueira (De la Iglesia, min.55), Adrián Santos, Cerqueira, Arias, Campos.
Árbitro: Patiño García. Amoestou aos locais Terzado, Unai, Martín, Víctor e Jorge e aos visitantes Cerqueiras, Jesús Figueira, Arias e Manu. Expulsou ao adestrador do Estradense, Eduardo Muñiz (min.24).
Goles: 0-1 Manu de penalti (min.21), 1-1 Silva (min.36).
Incidencias: Partido disputado no Novo Municipal da Estrada.