Clara derrota do Leis feminino ante o potente Valdetires (2-5)
Por Redacción
Demasiado rival para o Leis Pontevedra un Valdetires Ferrol que se coloca como novo líder da Segund División Femenina de Fútbol Sala.
As pontevedresas mostraron unha boa imaxe e foron combativas a pesar do potencial visitante, cedendo soamente nos últimos minutos.
O partido comezou igualado, sen grandes ocasións de gol, ata que o minuto 8 o Valdetires inauguraba o marcador por medio de Didi.
Ale e Alba ampliarían a renda ata o 0-3, momento no que o Leis reaccionou para apertar o partido. Anita, primeiro antes do descanso, recortaba distancias e despois poñía o 2-3 para dar esperanza ás locais.
Nos últimos minutos, coas pontevedresas buscando a igualada, chegaría a sentenza das visitantes con goles de Ery e Ale.
Con este resultado o Leis segue na última praza a catro puntos do Fisober.
LEIS PONTEVEDRA (2): Tami, Bea, Anita, Bibi, Ali -cinco inicial- Patri, Loló, Jessy, Marta, Carmen, Mar.
VALDETIRES FERROL (5): Iria, Alba, Eva, Didi, Ery -cinco inicial- Shey, Ale, Andre, Nere, Jenny, Belén.
Incidencias: Partido disputado no Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra.