O equipo feminino do Leis volve de baleiro de Toledo tras caer (3-1) contra o Mora
Por Redacción
Non foi unha boa fin de semana para o equipo feminino do Leis. As pontevedresas afrontaban un partido transcendental en Toledo, pero a pesar dos seus esforzos non puideron traerse os tres puntos ao caer derrotadas por 3-1 contra o C.D.E. Mora.
Tras un inicio de partido no que ambos os dous equipos dispuxeron de varias oportunidades, as locais foron as encargadas de abrir o marcador no minuto 16 cun gol de María. Un minuto despois chegaría o empate de Leis por medio de Ali. Con ese 1-1 no marcador, o encontro chegou ao descanso.
Na segunda metade, o Leis sufriu unha presión asfixiante do Mora e apenas dispuxo de claras ocasións de gol. A mercé do seu rival, outro gol de María e un terceiro de Clara situaron o 3-1 definitivo, un resultado ao que non puideron facer fronte nos dez minutos restantes.
MORA FS (3): Virginia, María (2), Laura, Clara (2), María -cinco inicial-, Victoria, Sheila, Teresa, María e Elena.
LEIS PONTEVEDRA (1): Tami, Anita, Bibi, Patri, Mar -cinco inicial-, Marta, Bea, Jessy e Ali.
Árbitros: García Álvarez e Comichar Amuñas.
Incidencias: Partido disputado no Pavillón Municipal de Mora (Toledo).