Toda a tempada nun partido para o Pontevedra Rugby Club
Por Redacción
Despois dunha tempada irregular, con partidos que se escaparon por pequenos detalles, o Pontevedra Rugby Club xógase o seu futuro na Primeira División Galega nun cara ou cruz.
A falta da última xornada de liga os pontevedreses son últimos nunha igualada competición. Teñen 14 puntos, os mesmos que o Vigo Rugby B e a só tres Muralla, equipos que se enfrontan entre si.
Esta situación fai que o PRC dependa de si mesmo. Se os de Chamy Doval gañan a domicilio ao Campus Ourense (domingo ás 16:00 horas no Estadio Universitario) evitarán o descenso directo de categoría, aínda que dependerá do resultado do encontro dos seus rivais para saber se tamén esquiva tamén a promoción de descenso, que o enfrontaría ao segundo clasificado da Segunda División Galega.
A igualdade é tal que o Muralla gañando podería ascender á cuarta posición, que ocupa o Mareantes e que descansa na última xornada, deixando ao equipo pontevedrés sen a súa praza no play-off polo título, pero se perde é posible que descenda de categoría.
Como aspecto positivo o Pontevedra Rugby Club coñecerá o resultado dos seus rivais cando salte ao campo, polo que saberá se lle vale só con puntuar ou se necesita o triunfo ante o Campus Ourense para escapar da queima.