Pablo Dapena e Jean Marie Okutu, entre os novos recoñecidos pola Xunta como deportistas de alto nivel
Por Diego Espiño
A Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia fixo pública este xoves, a través do Diario Oficial de Galicia, a lista de deportistas galegos que pasan a ser considerados de alto nivel.
Nesa lista destacan os nomes do atleta marinense Jean Marie Okutu, quinto clasificado en salto de lonxitude no recente Europeo en pista cuberta, ou do triatleta pontevedrés Pablo Dapena, actual subcampión de España.
Ambos os dous pasan a formar parte dun listado no que xa se incluían 327 deportistas, con nomes como David Cal ou Javier Gómez Noya, e poderán "desfrutar dos beneficios que para tal consideración se atribúan", segundo establece a resolución.
Entre os 50 deportistas admitidos como de alto nivel na última convocatoria autonómica figuran tamén as pontevedresas Carmen Gómez Cortés (triatlón) e Lydya Pérez Touriño (loita), o marinense Pablo Fernández (taekwondo), os padexeiros do Piragüismo Poio Ález Bermúdez e Jacobo Lores ou os vilagarciáns Adrián Domínguez (vela) e Julio Suárez (xadrez), entre outros.
Pola súa banda entre os excluídos destaca a figura da nadadora olímpica Beatriz Gómez Cortés, xunto a outros dous deportistas, "por estaren xa recoñecidos como deportistas galegos de alto nivel e non presentar a solicitude no prazo indicado", sinala a resolución publicada no DOG.
Relacionadas:
-
Okutu, convocado por España para participar no Europeo de Seleccións en Cheboksary (Rusia)
Por Redacción |
-
Jean Marie Okutu, na busca da mínima para o Mundial de Beijing
Por Diego Espiño |
-
Cidade do Cabo, debut de Pablo Dapena nas Series Mundiais de Tríatlon
Por Diego Espiño |
-
Meritorio décimo quinto posto para Pablo Dapena na Copa do Mundo de New Plymouth
Por Diego Espiño |
-
David Cal queda fóra das axudas da Xunta a deportistas de alto nivel
Por Diego Espiño |