Pablo García e Andrés Álvarez, do Club de Mar Aguete, campións galegos de vela na clase 420
Por Redacción
O pontevedrés Pablo García e o buenense Andrés Álvarez triunfaron na casa no Campionato Galego de Vela da Clase 420.
A tripulación do Real Club de Mar Aguete impúxose por segundo ano consecutivo nunha competición que nesta ocasión organizaba o seu club.
García e Álvarez, aínda en idade xuvenil, dominaron nas nove mangas disputadas volvendo demostrar o seu bo estado de forma tras gañar previamente todas as regatas clasificatorias do ano e clasificándose para o próximo Campionato de España, que se celebrará en Semana Santa no Puerto de Santa María, Cádiz.
O podio do Campionato Galego completárono Adrián Domínguez e Marta Domínguez (Liceo Casino Vilagarcía) na segunda posición e Patricia Suárez e Pilar Amaro (RCN Vigo) na terceira, sendo ademais vencedoras en categoría feminina.