José Antonio Nieto delega temporalmente as funcións de presidente do Leis "mientras dure el proceso judicial"
Por Diego Espiño
David Barreiro, actual vicepresidente do Leis Pontevedra FS, asumirá temporalmente as funcións de presidencia da entidade "mientras dure el proceso judicial" aberto contra o dirixente do club José Antonio Nieto, acusado por tres xogadoras dun suposto delito contra a súa integridade moral.
Nieto aclara que "no es una dimisión", pero se aparta a un segundo plano "para no perjudicar más la imagen club" tras estimar parcialmente a Audiencia Provincial o recurso interposto polas futbolistas e instar o xulgado de instrución a tomar declaración ás partes.
José Antonio Nieto: "No dimito, me aparto para no perjudicar más la imagen del club"
"Me defenderé de las graves acusaciones esperando que todo se solucione para volver a la normalidad", explicou o dirixente a PontevedraViva.
Nieto asegura que a tramitación da denuncia "por un lado me alegra", xa que supón "que ahora puedo defenderme, porque a mí no se me escuchó".
O CLUB TRAMITA A BAIXA FEDERATIVA DAS XOGADORAS APARTADAS
Por outro lado a directiva do Leis confirmou a tramitación na Federación Española de Fútbol da baixa federativa das futbolistas que permanecían apartadas, entre elas as tres denunciantes, e que desta forma quedan definitivamente desvinculadas do club.
Relacionadas:
-
As ex-xogadoras do Leis presentan recurso ante o arquivo da denuncia contra o presidente do club
Por Diego Espiño |
-
Arquivada por segunda vez a denuncia contra o presidente do Leis, José Antonio Nieto
Por Diego Espiño |
-
Ex-directivos do Leis crean o Ciudad de Pontevedra Fútbol Sala
Por Diego Espiño |
-
A Audiencia estima o recurso das xogadoras do Leis e ordena tramitar a denuncia contra o seu presidente
Por Redacción |
-
O Leis presenta unha demanda contra o seu extesoureiro, Manuel Piñón
Por Diego Espiño |
-
O Leis defende que dará a baixa ás futbolistas apartadas cando "realicen a devolución do material propiedade do club"
Por Redacción |
-
As tres xogadoras que denunciaron ao presidente do Leis, pendentes do recurso xudicial e de lograr a baixa federativa
Por Diego Espiño |
-
Non admiten a trámite a denuncia de tres xogadoras do Leis feminino contra o seu presidente
Por Alejandro Espiño |