A Gimnástica afronta con ilusión o arranque en Vigo da súa novena tempada en División de Honra
Por Diego Espiño
O Estadio de Atletismo de Balaídos, en Vigo, será escenario este sábado 9 de maio, a partir das 17:00 horas, da estrea da Gimnástica nunha nova tempada da División de Honra de Atletismo.
O club pontevedrés comparece co seu equipo masculino na máxima categoría por noveno ano "y nuestro objetivo es al menos estar un año más", recoñece o seu vicepresidente Juan Romero.
Con esa idea parten nunha competición que reune aos 16 mellores clubs de España e que contará con tres xornadas divididas en grupos de catro equipos.
As dúas primeiras decidirán a loita polo título ou a permanencia nas finais do día 13 de xuño.
Polo de pronto a Gimnástica terá como rivais na primeira xornada ao AD Marathon de Madrid, a Real Sociedad de San Sebastián e o Celta de Vigo,
Para os responsables da entidade pontevedresa o Marathon parece inalcanzable, pero pelexarán polo segundo posto do grupo.
Dous atletas por proba defenderán a camiseta da Gimnástica na estrea da División de Honra:
PRUEBA | ATLETAS |
Pértega | Santi Ferrer / Enric Obiol |
Martelo | David Rocha / Juan Barbosa |
Lonxitude | David Ferrer / Mario Álvarez |
Altura | Lysvanys Pérez / Manuel Molinos |
400 valos | Ignacio Sarmiento / Laureano Martínez |
400 lisos | Eduardo Gallardo / Alfonso Pérez |
Disco | Víctor Gallego / Martín Brea |
800 lisos | Jorge Puig / Alberto Guerrero |
200 lisos | Alberto Salcedo / Ángel Vargas |
Triplo salto | Lysvanys Pérez / Ricardo Gaya |
1.500 | Víctor García Hernando / David Martínez |
110 valos | Julián Ortiz / Álex Solla |
100 lisos | Gonzalo Sánchez-Camacho / Darío Costas |
5.000 marcha | David Veiga / Álex Flórez |
Peso | Víctor Gallego / David Rocha |
Xabalina | Carlos Cerviño / Manuel Castellanos |
3.000 obstáculos | Iván Docampo / Iván Blanco |
3.000 metros | Emilio Martín / Robertas Geralavicius |
4x100 metros | Costas, Salcedo, Sánchez-Camacho, Guerrero |
4x400 metros | Gallardo, Alfonso, Sarmiento, Guerrero |
Relacionadas:
-
A Gimnástica, abocada a loitar pola permanencia na última xornada da División de Honra
Por Redacción |
-
Castellón acollerá a segunda xornada de División de Honra de atletismo para a Gimnástica
Por Redacción |
-
A Gimnástica, terceira do seu grupo na primeira xornada de División de Honra
Por Redacción |
-
A novena tempada en División de Honra para a Gimnástica arrancará en Vigo
Por Redacción |