A Gimnástica, abocada a loitar pola permanencia na última xornada da División de Honra
Por Redacción
A mala sorte castigou á Sociedad Gimnástica na segunda xornada da División de Honra de atletismo disputada en Castellón.
Os pontevedreses aspiraban á segunda praza de grupo, concientes do potencial do Playas de Castellón, e quedaron preto de logralo. O equipo local impúxose de xeito claro con 248 puntos, polos 167 do Unicaja, 153 da Gimnástica e 119 do Sabadell.
As desgracias para o club pontevedrés empezaron nos 800 metros, con Sergio García resentíndose da súa lesión e entrando último en meta. Tamén se lesionou Ricardo Gaya no triplo salto e por se fose pouco, Alberto Salcedo caeu entrando na meta nos 200 metros mentres puganaba polo triunfo parcial, rompéndose a man dereita. Foi segundo pero non puido participar despois nos 100 metros.
Malia os contratempos a Gimnástica rozou a segunda praza final grazas á entrega dos seus atletas, que non lograron ningunha vitoria pero si sete segundos postos. Ademais de Salcedo en 200 metros foron segundos Emilio Martín nos 3.000 metros, Lysvanys Pérez no salto de altura, Alberto Guerrero nos 800 metros, Julián Ortiz nos 110 metros valos, Alex Flórez en marcha e David Martínez nos 1.500 metros.
Ademais Víctor Gallego no lanzamento de disco, Ignacio Sarmiento nos 400 metros valos e o relevo 4x400 foron terceiros.
Tras dor xornadas de liga a Gimnástica ocupa o duodécimo posto da xeral con dous puntos, polo que se ve abocada a loitar pola permanencia no encontro final do próximo 13 de xuño.
O EQUIPO FEMININO, Á FINAL DE 2ª DIVISIÓN
Por outra parte a Real Federación Española de Atletismo fixo públicas as puntuacións dos equipos da 2ª División nacional con boas noticias para o club ponetevdrés, xa que o seu equipo feminino está colocado na segunda posición do ranking con 13.089 puntos.
O Lucus de Lugo esta clasifiación provisional con 13.185 puntos. Os outros equipos clasificados para a final son: Vina de Cangas, Hinacon Monzón de Huesca, Vélez-Málaga, Bahía Algeciras de Cádiz, Extremadura e Segovia.
Relacionadas:
-
Permanencia asegurada para a Gimnástica tras un segundo posto na xornada final de División de Honra
Por Redacción |
-
Fin de semana clave para os equipos da Sociedad Gimnástica
Por Redacción |
-
A permanencia da Gimnástica na División de Honra de atletismo pasa por Burgos
Por Redacción |
-
Castellón acollerá a segunda xornada de División de Honra de atletismo para a Gimnástica
Por Redacción |
-
A Gimnástica, terceira do seu grupo na primeira xornada de División de Honra
Por Redacción |
-
A Gimnástica afronta con ilusión o arranque en Vigo da súa novena tempada en División de Honra
Por Diego Espiño |