"O mellor día da túa vida... se sobrevives": A Gladiator Race elixe Pontevedra para a súa segunda edición
Por Diego Espiño
Os participantes deberán reptar, saltar, trepar, arrastrar rodas, mollarse, embarrarse e superar multitude de obstáculos con auga, barro ou lume.
Así é a Gladiator Race, unha proba deportiva inspirada nos adestramentos militares cuxo lema o di todo: "O mellor día da túa vida... se sobrevives".
A pouco máis dun mes para a súa primeira carreira, en Santiago de Compostela (27 de xuño), a organización do evento confirmou que Pontevedra acollerá a súa segunda edición, o sábado 24 de outubro.
A Gladiator Race é todo un éxito en Santiago, onde esgotou as 1.200 prazas dispoñibles obrigando a unha ampliación con respecto ás previsións iniciais.
A súa configuración en Compostela é dun percorrido de 9 quilómetros con 26 obstáculos, naturais e artificiais, de diversa dificultade, tales como muros verticais, zonas embarradas ou pantallas de arame para superar reptando.
Diversión e adrenalina que venden como "unha sorpresa para os corredores".
As inscricións para a cita pontevedresa da Gladiator Race non se habilitarán ata o mes de xullo.
Relacionadas:
-
Chega a Gladiator Race: a Illa das Esculturas, territorio só apto para aventureiros extremos
Por Alejandro Espiño |
-
Os obstáculos da Gladiator Race de Pontevedra convencen a 2.000 persoas
Por Redacción |
-
A Gladiator Race de Pontevedra supera os 1.300 inscritos en só catro días
Por Redacción |
-
2.880 prazas para a Gladiator Race de Pontevedra
Por Redacción |