Pedro García: "En el verde pondremos todo, pero el primer gol que lo meta nuestra afición"
Por Diego Espiño
Os xogadores do Pontevedra están ansioso e con ganas "de que llegue ya el domingo" para xogarse ante os seus o ascenso a Segunda B, que poderían lograr se remontan o 1-0 da ida na Palma.
O equipo abandonou A Xunqueira para preparar durante toda a semana, sábado incluído, o partido no mesmo Estadio Municipal de Pasarón, e faino cuns xogadores "convencidos de que remontamos", segundo verbaliza Pedro García.
O centrocampista laméntase de non ter sido capaces fóra de casa "de meter ese golito que nos hubiera dado mucho", pero non mira atrás e soña nun choque de volta "en el que nos arrope toda la ciudad de Pontevedra, porque lo vamos a necesitar sin duda", apuntou.
Pedro García: "Estamos convencidos de que remontamos"
Pedro promete que tanto el coma os seus compañeiros "en el verde lo pondremos todo, pero el primer gol que lo meta nuestra afición", sinala antes de recoñecer que está desexoso de vivir un gran partido no estadio pontevedrés.
De feito o futbolista granate recorda o play-off de ascenso a Segunda División ante o Alcorcón, partido no que "estuve en las gradas de Pasarón y era la hostia el ambiente, como jugador no lo he vivido y lo estoy deseando".
Esas ganas que traslada Pedro García demóstranse nuns adestramentos que subiron en intensidade e nos que Luisito quere incidir especialmente no aspecto táctico e nalgunhas variables que podería utilizar en función de como transcorra o partido e o resultado da eliminatoria.
Relacionadas:
-
Os penaltis dan o ascenso a un avaro Mensajero e mandan ao Pontevedra á repesca (1-0)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Once anos despois a afección granate espera vivir en Pasarón outra tarde histórica
Por Ramiro Espiño |
-
Varios locais da cidade animarán a xornada do domingo na "Ruta do ascenso"
Por Redacción |
-
As entradas para o Pontevedra-Mensajero, tamén no centro da cidade
Por Redacción |
-
Continúa a bo ritmo a venda de entradas para o partido ante o Mensajero
Por Diego Espiño |
-
Pontevedra e Deputación asinan o convenio de patrocinio para o presente ano
Por Diego Espiño |
-
Bruno, descartado para a volta ante o Mensajero ao sufrir unha lesión muscular
Por Diego Espiño |