Támara Echegoyen acaricia o podio tras a primeira xornada da Copa do Mundo de Weymouth
Por Redacción
O campo de regatas de Londres 2012 segue transmitindo boas sensacións a Támara Echegoyen. Alí gañou a pontevedresa a medalla de ouro nos últimos Xogos Olímpicos e alí comezou con bo pé a cuarta cita da ISAF Sailing World Cup.
Nas augas británicas de Weymouth o 49er FX de Támara Echegoyen e Berta Betanzos finalizou a primeira xornada de competición cun cuarto posto provisional, empatado coa terceira posición que ocupan as francesas Sarah Steayert e Aude Compan.
O dúo galego-cántabro asinou un segundo, un quinto e un décimo sexto posto nas tres mangas disputadas, converténdose o último resultado no seu descarte.
A clasificación lidérana as danesas Malken Foght Schütt e Anne-Julie Schütt seguidos das neozelandesas Alexandra Maloney e Molly Meech.
Relacionadas:
-
Bronce final para Támara Echegoyen na Copa do Mundo de Weymouth
Por Redacción |
-
Támara Echegoyen accede dende a terceira praza á Medal Race de la Copa del Mundo de Weymouth
Por Redacción |
-
Támara Echegoyen volve ao campo de regatas de Londres 2012 para unha nova proba da Copa do Mundo
Por Redacción |
-
Prata final para Támara Echegoyen e Berta Betanzos na Garda Trentino Olympic Week
Por Redacción |