Bronce final para Támara Echegoyen na Copa do Mundo de Weymouth
Por Redacción
As augas de Weymouth teñen algo especial para Támara Echegoyen. Alí logrou a pontevedresa o ouro olímpico no Match Race de Londres 2012, e no campo de regatas británico logrou subir ao podio dunha proba da Copa do Mundo de Vela.
Xunto á súa compañeira no 49er FX Berta Betanzos, Támara colgouse o bronce tras confirmar o terceiro posto ao que ascenderan o sábado na definitiva Medal Race.
Apenas contaban con vantaxe con respecto ás cuartas clasificadas, pero asinaron un terceiro posto parcial por un oitavo das súas principais rivais para asegurarse un lugar no podio de honra.
"Isto é unha dose de enerxía para seguir traballando, xa que sabemos que temos moito traballo por diante. Volvémonos á casa cun bo sabor de boca e sobre todo por conseguir outra medalla aquí en Weymouth", sinalou a patroa galega tras a regata.
O triunfo na ISAF Sailing World Cup de Weymouth foi para as brasileiras Martine Soffiatti Grael e a prata para as neozelandesas Alexandra Maloney e Molly Meech.
Relacionadas:
-
Támara Echegoyen e Berta Betanzos pelexan polo podio da Semana Internacional de Río de Janeiro
Por Redacción |
-
Oitavo posto para Támara Echegoyen no arranque da Semana Internacional de Río de Janeiro
Por Redacción |
-
Támara Echegoyen e Berta Betanzos, a polo Europeo de 49er en Porto
Por Redacción |
-
Támara Echegoyen accede dende a terceira praza á Medal Race de la Copa del Mundo de Weymouth
Por Redacción |
-
Támara Echegoyen acaricia o podio tras a primeira xornada da Copa do Mundo de Weymouth
Por Redacción |