Bos resultados para o Natación Galaico no Campionato de España de Augas Abertas
Por Redacción
Con bo sabor de boca regresou o Club Natación Galaico do Campionato de España de Augas Abertas celebrado na localidade catalá de Banyoles (Girona).
O equipo feminino do club pontevedrés finalizou na terceira posición, mentres en categoría masculina foron oitavos nunha competición que reuniu a 48 clubs de España, Portugal e Francia.
Estes resultados baseáronse na actuación individual de varios dos seus nadadores, como Águeda Cons, que foi cuarta nos 5.000 metros en categoría infantil, o que lle podería abrir as portas do equipo nacional para o próximo Campionato de Europa que se celebrará en Suíza.
Tamén Paula Goyanes destacou cun quinto posto nos 7.500 metros en categoría júnior.
Ademais Iria García foi novena nos 5.000 metros categoria absoluta, mentres Cristian Fernández rematou oitavo nos 5.000 metros e décimo sexto nos 10.000 absolutos.
Tamén competiron Alicia Conde e Daniel Sánchez nos 7.500 metros categoría júniors, logrando clasificar décimo sexto respectivamente.
Pecharon a representación do Galaico en idade infantil Carlos Acuña, Lucía González e Paula Hermelo, finalizando nos postos 10, 15 e 16 respectivamente dos 5.000 metros.