O Natación Galaico proclámase campión da I Copa de España de Augas Abertas
Por Redacción
O Club Natación Galaico Pontevedra confírmase como unha das grandes referencias nacionais na natación en augas abertas.
O club pontevedrés proclamouse a pasada fin de semana campión da primeira Copa de España desta especialidade con 830 puntos, superando a clubs históricos da natación española como Mataró (780 puntos) e Sabadell (450), segundo e terceiro na xeral.
No Mar da Manga, Cartagena, na última proba do calendario, o Galaico confirmou o título grazas á notable actuación de Paula Goyanes, terceira en idade junior, xunto a Cristian Fernández e Iago Lorenzo, cuarto e sexto en categoría absoluta.
A nivel individual, trala disputa das catro citas que compoñen a Copa de España, Paula Goyanes proclamouse subcampiona na súa cateoría, sendo Iago Lorenzo cuarto e Cristian Fernández quinto.
Este éxito colectivo chega tras conseguir o terceiro posto esta tempada no Campionato de España desta modalidade e tras ser segundo no Nacional de Longa Distancia.
Relacionadas:
-
Paula Goyanes e Águeda Cons brillan no Nacional de Augas Abertas
Por Redacción |
-
Rías do Sur, escenario do Campionato Galego de Natación de Longa Distancia
Por Redacción |
-
O Natación Galaico inicia en Santiago a súa defensa do título na Liga Galega de Clubs
Por Redacción |
-
O Galaico presume de base social na presentación da súa nova tempada
Por Redacción |
-
O podio a un paso para o Galaico na Copa de España de Augas Abertas
Por Redacción |
-
Bos resultados para o Natación Galaico no Campionato de España de Augas Abertas
Por Redacción |