Paula Goyanes e Águeda Cons brillan no Nacional de Augas Abertas
Por Redacción
Nos últimos anos o Club Natación Galaico está a afacerse a lograr grandes resultados nunha das especialidades máis duras da natación, as augas abertas.
Así o demostrou o club pontevedrés no Campionato de España de Augas Abertas celebrado na localidade catalá de Banyoles, onde concluíu nunha meritoria terceira praza por equipos na categoría feminina.
Paula Goyanes e Águeda Cons fuerons os seus grandes estiletes en Banyoles, pero tamén protagonizaron unha notable actuación Daniel Sánchez e Cristian Fernández na categoría masculina.
Con tres medallas de prata, Goyanes foi a pontevedresa máis laureada, ao ser segunda nos 10 quilómetros Absoluto, en 10 quilómetros Junior-2 e nos 5 quilómetros contrarreloxo Absoluto.
Pola súa banda Águeda Cons foi subcampioa de España nos 7,5 kilómetors Junior-1, co premio engadido de que o seu resultado suponlle a clasificación para o próximo Campionato de Europa en Piombino, Italia, no mes de setembro.
Completaron a representación do Galaico Cristian Fernández cun sétimo posto nos 10 quilómetros Absoluto e unha undécima posición nos 5 quilómetros contrarreloxo e Daniel Sánchez sendo décimo cos 10 quilómetros Junior-2.
Relacionadas:
-
O Galaico, a polo título da Copa de España de Augas Abertas
Por Redacción |
-
Oito nadadores do Galaico afrontan nas Palmas o Campionato de España de Verán
Por Redacción |
-
O Natación Galaico reina de novo no Campionato Galego
Por Redacción |
-
Bos resultados do Galaico en dous campionatos autonómicos de natación
Por Redacción |
-
O Natación Galaico proclámase campión da I Copa de España de Augas Abertas
Por Redacción |