A xamaicana Yanique Gordon é a pívot elixida polo Arxil
Por Redacción
O Arxil xa ten recambio para Maimouna Diarrá na posición de pívot. Trátase da xamaicana Yanique Gordon.
Procede da Universidade Central Florida da liga universitaria estadounidense (NCAA), onde a última tempada alcanzou 5,5 puntos e 6,2 rebotes por partido.
As súas características son moi diferentes ás de Diarrá, xa que se caracteriza por ser "áxil e rápida" cunha estatura de 1,93 metros coa que espera dar "máis versatibilidade no xogo ofensivo", segundo explica o coordinador do club Lino Vázquez.
Ademais no último Campionato Caribeño, no que xogou coa selección de Xamaica, colaborou no subcampionato do seu equipo alcanzando 10,6 puntos e 4,8 rebotes por partido.
Con esta fichaxe, a segunda, o Arxil reforza unha posición clave á espera de confirmar as últimas renovacións e dar por pechado o plantel que competirá un ano máis na Liga Feminina 2.
Relacionadas:
-
O Arxil, pendente da chegada de Yanique Gordon
Por Redacción |
-
Primeiros pasos para o novo proxecto do Arxil
Por Redacción |
-
A Copa Galicia centrará a pretempada do Arxil
Por Redacción |
-
O Arxil ponse o obxectivo de chegar aos 400 socios
Por Redacción |
-
A pretempada do Arxil, pendente do calendario da Copa Galicia
Por Redacción |
-
O Arxil renova a todo o seu corpo técnico
Por Redacción |
-
Ana Martín e Sandra Entenza renovan o seu compromiso co Arxil
Por Redacción |
-
Arxil e Cortegada empezarán con derbi a Liga Feminina 2
Por Redacción |
-
A portuguesa Rosinha Rosario, primeiro reforzo para o Arxil
Por Redacción |