As caras novas do Teucro preséntanse "con ilusión"
Por Diego Espiño
Levan apenas dúas semanas adestrando co seu novo equipo pero "se han integrado muy fácil". Así define Quique Domínguez a adaptación das catro fichaxes confirmadas ata a data polo Teucro.
Todos eles foron presentados oficialmente este martes. Trátase de José Manuel Rial, Erik Balenciaga, Andrés Delgado e Arkaitz Piriz.
O primeiro deles, José Manuel Rial, é un vello coñecido do club ao que recoñece "tenía ganas de volver" despois de dous anos nos que colleu experiencia na máxima categoría.
Ese reto, o de difrutar da Liga Asobal, é o que resultou determinante para o resto de incoporaciones, porque se no caso do lateral regresa á casa, as outras tres fichaxes afrontan "con ilusión" a tempada afastados dos seus lugares de orixe.
Nesa situación encóntrase Erik Balenciaga, central vasco que recoñece "cuando me llamó Quique lo recibí con ilusión por subir de categoría", ao igual que o extremo Arkaitz Piriz, para quen "llegar aquí es un paso adelante".
Pola súa banda o gardameta madrileño Andrés Delgado confesa que "no me lo pensé ni un momento, todo jugador aspira a jugar en la máxima categoría", explicou. Delgado recoñece ao igual que os seus compañeiros "me siento muy cómodo en la ciudad".
CHEGADA DUN PIVOTE
Coa volta de Gonzalo Carró aos adestramentos tras regresar a Pontevedra despois de xogar con Arxentina o Mundial Júnior, Quique Domínguez traballa con todo o plantel á súa disposición, un plantel que aínda podería verse reforzado precisamente na posición de pivote.
Malia os esforzos neste sentido, o técnico pontevedrés defende que "si llega (un pivote) bienvenido será, pero con lo que hay estoy contento".
O equipo teucrista traballa estes días en dobre sesión á espera de afrontar un dobre compromiso amigable a próxima fin de semana (14 e 15 de agosto) en Baiona e Meaño ante Atlético Novás e Aguas Santas respectivamente.
Relacionadas:
-
Un triangular con acento portugués, única oportunidade para ver o Teucro na casa esta pretempada
Por Diego Espiño |
-
Os 'guerreiros azuis' preséntanse ante a súa afección convencidos das súas posibilidades
Por Cristina Saiz |
-
O Teucro vence con solvencia ao Atlético Novás (32-22) no seu segundo partido de pretempada
Por Redacción |
-
O Teucro iniciará a liga o 5 de setembro na casa ante o Guadalajara
Por Redacción |
-
Estrea con triunfo (30-31) do Teucro sobre o ABC Braga no primeiro amigable en Tui
Por Redacción |
-
ASOBAL confirma que Teucro e Cangas estarán o martes no sorteo da competición
Por Diego Espiño |