Andrés Álvarez e Pablo García avanzan ata as finais do Europeo da clase 420
Por Redacción
Meritorio o papel que están a realizar o pontevedrés Pablo García e o buenense Andrés Álvarez no Campionato de Europa de Vela para a clase 420, que se está a celebrar estes días en Port Bourgas (Bulgaria).
Alí a tripulación pontevedresa marcha décimo quintos na clasificación xeral despois de seis mangas disputadas, o que supón a súa clasificación para as finais dos dous últimos días de competición.
Pablo e Andrés lograron un podio parcial cun terceiro posto nunha das resgatas, mentres no resto de mangas remataron nos postos 6, 18, 12, 12 e 14 respectivamente.
En Bulgaria compiten 90 tripulacións de alto nivel, coas mellores parellas de cada país.