Teucro e Frigoríficos do Morrazo á final da Copa Galicia
Por Redacción
Os dous equipos galegos de Asobal, SD Teucro e BM Cangas Frigoríficos do Morrazo, amosaron a diferenza de categoría e lograron nas semifinais disputadas en Viveiro o pase a final da Copa Galicia masculina.
Teucro e Academia Octavio de Vigo xogaron a primeira semifinal, con triunfo final para os pontevedreses (32-27, ao descanso 15-11). O equipo de Quique Domínguez foi sempre por diante no marcador, e así chegaron aos minutos finais sen presión.
SD TEUCRO (32): Héctor Gil, Ricardo Amérigo, Luis Orge, Arkaitz Piriz (1), Erik Balenciaga (4), David Chapela (2), Fernández Castiñeira (1), Gonzalo Carró (3), Andrés Delgado, Carlos García (9), Ramón Pereira, Sergio Doval, Anxo Sieiro, Rial (5), Dani Hernández (2) e Edu Moledo (5).
ACADEMIA OCTAVIO (27): Jorge García LLoria, Borja Méndez (6), Alejandro Conde (1), Juan Quintás (2), Pablo Gatesu (4), Germán Hermida (2), Antonio Corcera (2), Jesús Veiga, Diego Prada (3), Duarte Batán, Víctor León, Rubén Figueirido, Óscar Silva (5), Daniel Bernárdez (1) e Manuel Iglesias (1).
Na segunda semifinal, o Frigoríficos do Morrazo logrou o triunfo fronte ao Acanor Atlético Novás (29-20). A primeira parte estivo moito máis apertada e rematou con só dous goles de vantaxe para o conxunto do Morrazo (11-9). Na segunda parte, os homes de Pillo domiñaron con máis facilidade.
A gran final entre Teucro e Frigoríficos dispútase este domingo (12:15 horas), tamén no Pavillón Municipal de Viveiro. Con anterioridade, Academia Octavio e Atlético Novás xogarán a final de consolación.
Relacionadas:
-
Frigoríficos Morrazo leva a Copa Galicia derrotando (28-30) o Teucro
Por Redacción |
-
O Teucro defenderá o seu título de campión da Copa Galicia na final a catro de Viveiro
Por Redacción |
-
Samuel Gómez e o Teucro, unha negociación que durou "cinco minutos"
Por Diego Espiño |
-
As lesións dificultan a preparación do Teucro
Por Diego Espiño |