Defender o liderado, obxectivo de Lucía Vázquez en Portugal
Por Redacción
Volve a competición este domingo para Lucía Vázquez, que encara o tramo final da tempada cun claro obxectivo na mente, reter o liderado da Taça de Portugal e facerse co seu segundo título nesta competición.
A ciclista de Vilaboa, logo dun mes sen competir, acode a Oliveira de Azemeis coa intención de manter ou aumentar os seis puntos de vantaxe que mantén na clasificación xeral sobre a estoniana Maaris Meier e 16 sobre a portuguesa Joana Monteiro.
Lucía continuou este mes cos adestramentos, tras participar na Copa do Mundo de Val di Sole (Italia), para chegar en boas condicións á cita e rematar o traballo realizado na Taça ao longo do ano.
Esta competición pecharase o 11 de outubro na rexión de Alentejo.
Ademais do título luso, Lucía Vázquez busca sumar puntos para o ranking olímpico, no que actualmente ocupa o posto 73.
Relacionadas:
-
Lucía Vázquez mantén o liderado en Portugal por un só punto
Por Redacción |
-
Apoio da Xunta a Lucía Vázquez na súa carreira cara aos Xogos Olímpicos
Por Redacción |
-
Bronce para Lucía Vázquez no Campionato de España elite de BTT
Por Redacción |
-
Lucía Vázquez cede parte da súa vantaxe pero mantén o liderado en Portugal
Por Redacción |