Lucía Vázquez mantén o liderado en Portugal por un só punto
Por Redacción
Ata o último metro deberá loitar Lucía Vázquez si quere conseguir o seu segundo triunfo na xeral da Taça de Portugal de Cross Country Olímpico (XCO).
A ciclista de Vilaboa defendeu esta fin de semana o liderado da xeral trala quinta cita do calendario en Oliveira de Azeméis, pero o seu segundo posto, superada pola estoniana Maaris Meier, fai que a clasificación se aperte ao máximo.
Lucía continúa primeira con 160 puntos con só un de vantaxe sobre Meier e 21 sobre a lusa Joana Monteiro cando resta unha carreira, a do día 11 de outubro en Alentejo.
En Oliveira de Azeméis a pontevedresa non atopou o seu ritmo, logo dun mes parada, e viuse obrigada a remontar tras unha mala saída. Chegou a alcanzar a cabeza de carreira, pero Meier descolgouna para superala finalmente por máis de dous minutos en liña de meta.
"Sabía que o ía pasar mal porque levo unha semana complicada por problemas de saúde. Sufrín moitísimo", admitiu Lucía Vázquez finalizada a proba.
Relacionadas:
-
Alentejo, última parada na tempada de Lucía Vázquez
Por Redacción |
-
Exitosa incursión de Lucía Vázquez no enduro cun bronce nacional
Por Redacción |
-
Lucía Vázquez pásase ao enduro por unha fin de semana
Por Redacción |
-
Defender o liderado, obxectivo de Lucía Vázquez en Portugal
Por Redacción |
-
Lucía Vázquez cede parte da súa vantaxe pero mantén o liderado en Portugal
Por Redacción |