O Poio Pescamar paga coa derrota (2-1) o seu mal comezo en Alcorcón
Por Redacción
A remolque desde o asubío inicial, o Poio Pescamar pagou coa derrrota o seu mal comezo de partido en Alcorcón, no seu debut ligueiro. As rojillas comezaron dando facilidades, encaixando dous temperáns goles, sen apenas chegada á área rival, pero reaccionaron antes do descanso e tiveron opcións no segundo tempo, pero non acertaron a lograr polo menos un empate que mereceron.
Non ían máis que quince segundos cando na primeira xogada tras o saque inicial o Alcorcón sorprendía cun disparo de Natalia desde metade de cancha, aproveitando que Yarie estaba adiantada.
O gol deu tranquilidade ao conxunto oleiro, na mesma medida que atenazaba ao Poio, impedíndolle crear perigo. As cousas complicábanse co segundo tanto local, de novo nun disparo afastado, agora de Pitu, que poñía o partido moi favorable ao equipo madrileño.
Con todo o Poio soubo reaccionar subindo a súa liña de presión e atopou a súa recompensa nun pase horizontal da defensa amarela que roubou Yenny Lores batendo a Miri cun remate raso.
Na segunda parte ambos os equipos optaron por contemporizar as súas posesións e buscar o fallo do rival. Co paso dos minutos e ante a falta de ocasións claras, o Poio víase obrigado a seguir porfiando cunha presión forte máis aló de metade de cancha, recorrendo ao xogo de cinco con Ale como porteira-xogadora, pero a súa mellor ocasión, a falta de cinco minutos, abortouna Belén.
AD ALCORCÓN FSF (2): Miri; Isa García, Anita Luján, Desirée, Natalia -cinco inicial-, Ro, Pitu, Cris Llanos, Vadillos, Aída, Orive e Belén (p.s.).
POIO PESCAMAR FS (1): Yarie; Charo, Yoli, Claudia, Jenny -cinco inicial-, Jessy, Pau, Nere, Suki e Ale de Paz.
Árbitros: Héctor Mayo López e Carlos Panadero Díaz-Concha (Madrid). Amoestaron a Jenny no Poio e a Anita Luján, no Alcorcón.
Goles: (0-1) Minuto 1: Natalia. (0-2) Minuto 7: Pitu. (1-2) Minuto 15: Jenny.
Incidencias: Pavillón Municipal Os Cantos (Alcorcón). Uns 350 espectadores.
Relacionadas:
-
Poio Pescamar resolve pronto e golea ao Majadahonda (5-0)
Por Redacción |
-
Vitoria do Poio Pescamar (4-2) sobre Cidade de As Burgas nun partido emocionante
Por Redacción |
-
Complicada estrea na casa para o Poio FS cun derbi ante o Cidade das Burgas
Por Redacción |
-
Listas para afrontar o debut ligueiro en Alcorcón
Por Mónica Patxot |