Poio Pescamar resolve pronto e golea ao Majadahonda (5-0)
Por Redacción
Vitoria cómoda, asentada nun comezo de partido serio e eficaz. O Poio Pescamar atopou pronto o camiño do gol e practicamente deixou encarrilado o seu xusto triunfo na primeira parte, para aproveitarse na segunda dos riscos que se vió obrigado a tomar o Majadahonda, ao que terminou goleando.
As madrileñas estiveron especialmente desacertadas no remate e encaixaron o primeiro gol moi pronto, ao aproveitar Charo un rexeite en curto de Lauri.
A partir de aí o Poio Pescamar controlou perfectamente o xogo e o partido, o que lle permitiu ampliar diferenzas dous minutos máis tarde, ao finalizar Claudia un contrataque en superioridade para poñer o 2-0 no marcador, resultado que obrigaba ao conxunto majariego a subir as liñas.
De novo Claudia conseguiría marcar aos 15 minutos de partido, despois dunha boa recuperación.
Na segunda parte, co paso dos minutos o Majadahonda víase obrigado a intensificar a súa presión ata acabar apostando polo xogo de cinco, do que se beneficiaría o Poio para facer o cuarto,obra de Yoli tras roubo de balón, para redondar a goleada nos últimos segundos por medio de Moldes.
POIO PESCAMAR (5): Irene; Ale, Jenny, Jessy, Suki -cinco inicial-, Yoli, Charo, Claudia, Paula, Moldes e Pitti.
MAJADAHONDA FSF (0): Lauri; Marta, Marti, Gabi, Celia -cinco inicial-, Mónica, Sofi, Arancha, Esther e Noe.
Árbitros: Dacal Deza e García Freiría (Galicia). Sen amoestadas.
Goles: (1-0) Minuto 5: Charo. (2-0) Minuto 7: Claudia. (3-0) Minuto 15: Claudia. (4-0) Minuto 35: Yoli. (5-0) Minuto 40: Moldes.
Incidencias: Pavillón Municipal da Seca (Poio). Uns 350 espectadores.
Relacionadas:
-
Poio Pescamar remonta para golear ao Lacturale Gurpea Orvina (6-1)
Por Redacción |
-
Fai sufrir o Poio Pescamar ao Burela FS pero termina cedendo (5-3)
Por Redacción |
-
Encher A Seca "es fundamental" para o Poio Pescamar
Por Diego Espiño |
-
Vitoria do Poio Pescamar (4-2) sobre Cidade de As Burgas nun partido emocionante
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar paga coa derrota (2-1) o seu mal comezo en Alcorcón
Por Redacción |