Vitoria do Poio Pescamar (4-2) sobre Cidade de As Burgas nun partido emocionante
Por Redacción
Primeira vitoria do Poio Pescamar no derbi galego fronte ao Cidade de As Burgas, nun partido trepidante, especialmente nos seus compases iniciais.
Aos tres minutos as ourensás adiantábanse por mediación de Lucía Nespereira, que finalizaba unha boa transición conducida polo extremo. Menos dun minuto tardaría o conxunto local en conseguir o empate, por medio de Claudia de disparo exterior, tras recuperar o balón en tres cuartos de cancha.
E só dous minutos máis tarde o Poio daba a volta ao luminoso cun gol de Yoli en xogada de estratexia, á saída dun saque de esquina.
Con todo, as visitantes reaccionarían cun novo tanto de Lucía Nespereira, á saída dunha falta directa desde sete metros. Ían tan só oito minutos e xa se viran catro goles. Puideron ser máis antes do descanso, pero o marcador non se movería.
Na segunda parte, Poio e Cidade repartíanse o dominio do xogo con ocasións de gol para ambos os equipos, ata que superada a metade do segundo tempo, tras a expulsión por dobre amarela de Vane Sotelo, en superioridade numérica, o Poio conseguía adiantarse no partido con gol de Jenny.
O Cidade tras recuperar o seu quinteto foise a portería rival en busca da igualada, pero o bo facer defensivo das rojillas permitía ao Poio seguir mandando ata que a catro minutos do final Claudia de cabeza, a pase afastado de Jenny, conseguía anotar o definitivo 4 a 2, sen case tempo para a reacción dun Cidade que non se mostrou acertado ante a portería local.
POIO PESCAMAR (4): Irene; Charo, Yoli, Jenny, Claudia -cinco inicial-, Jessy, Moldes, Suki, Ale de Paz e Pitti.
CIDADE DE AS BURGAS (2): Antía; María Arias, Sonia, Lucía Nespereira, Vane -cinco inicial-, Candela, Nerea e Alba.
Árbitros: Crestelo García e De la Iglesia Castelao (Galicia). Amoestaron a Irene, Jessy e a Suki no Poio e con dobre amarela a Vane Sotelo (31') no Cidade de As Burgas.
Goles: (0-1) Minuto 3: Lucía Nespereira. (1-1) Minuto 4 Claudia. (2-1) Minuto 6 Yoli. (2-2) Minuto 8: Lucía Nespereira. (3-2) Minuto 31: Jenny. (4-2) Minuto 36: Claudia.
Incidencias: Pavillón Municipal da Seca (Poio). Uns 400 espectadores.
Relacionadas:
-
Fai sufrir o Poio Pescamar ao Burela FS pero termina cedendo (5-3)
Por Redacción |
-
Poio Pescamar resolve pronto e golea ao Majadahonda (5-0)
Por Redacción |
-
Encher A Seca "es fundamental" para o Poio Pescamar
Por Diego Espiño |
-
Complicada estrea na casa para o Poio FS cun derbi ante o Cidade das Burgas
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar paga coa derrota (2-1) o seu mal comezo en Alcorcón
Por Redacción |