Fai sufrir o Poio Pescamar ao Burela FS pero termina cedendo (5-3)
Por Redacción
Fixo sufrir o Poio Pescamar ao Burela Pescados Rubén, que debeu esperar ata o último suspiro para celebrar unha vitoria traballada. As lucenses dominaron o xogo desde o comezo, pero atopáronse cun gol de Claudia, en colaboración cunha defensora local, véndose obrigadas a remontar.
Fixérono relativamente pronto con goles de Gaby para o empate e nunha contra guiada por Ceci que aproveitou Lara para bater a Irene.
Co 2-1 chegouse ao descanso, pero nada máis comezar a segunda parte o Poio empataba por medio de Yoli. O Burela acusouno, cedendo no seu dominio e dando paso a uns minutos de igualdade no xogo. As locais non atopaban espazos ante a boa defensa pontevedresa ata que Peque perseguiu un balón para asistir a Lara que establecía o 3-2 de cabeza.
Este gol deu tranquilidade ao Burela, que aumentou a súa renda por medio de Peque. A partir de aí o Burela puido sentenciar definitivamente pero perdoou en exceso.
Na recta final o Poio Pescamar apostou polo xogo de cinco e Jessi fixo subir un inquietante 4-3 ao marcador, levando a emoción a Vista Alegre, pero no último minuto Peque disipou calquera dúbida marcando o definitivo 5-3 para adxudicarse o derbi galego e contar as xornadas por triunfos.
BURELA FS (5): Jozi; Peque, Ceci, Bea Mateos, Shio -cinco inicial-, Maite, Gaby, Lara e Andrea.
POIO PESCAMAR (3): Irene; Yenni, Charo, Claudia, Nere -cinco inicial-, Yoli, Jessi, Ale de Paz e Suki.
Goles: (0-1) Minuto 6: Claudia. (1-1) Minuto 9: Gaby. (2-1) Minuto 12: Lara. (2-2) Minuto 21: Yoli. (3-2) Minuto 26: Lara. (4-2) Minuto 31: Peque. (4-3) Minuto 36: Jessi. (5-3) Minuto 40: Peque.
Incidencias: Pavillón Vista Alegre (Burela). Uns 400 espectadores.
Relacionadas:
-
Ao Poio Pescamar escápaselle o partido en Alicante (4-3) en catro minutos de descoido
Por Redacción |
-
Poio Pescamar remonta para golear ao Lacturale Gurpea Orvina (6-1)
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar debuta na Copa Xunta o mércores 21 contra o Olivo FS
Por Redacción |
-
Poio Pescamar resolve pronto e golea ao Majadahonda (5-0)
Por Redacción |
-
Encher A Seca "es fundamental" para o Poio Pescamar
Por Diego Espiño |
-
Vitoria do Poio Pescamar (4-2) sobre Cidade de As Burgas nun partido emocionante
Por Redacción |