Poio Pescamar remonta para golear ao Lacturale Gurpea Orvina (6-1)
Por Redacción
Custoulle ao Poio Pescamar dobregar a resistencia do Lacturale Gurpea Orvina, pero terminou goleando tras remontar o temperán gol inicial das visitantes, que chegaban a Poio sen coñecer a vitoria no que levamos de liga e terminaron sendo claramente superadas.
Pouco máis dun minuto transcorrera cando as navarras adiantábanse por medio de Luci. Este gol descolocou ao equipo rojillo que xogaba algo acelerado, pero mantendo a defensa e buscando constantemente tiros a porta.
Foi complicado para o equipo de Basanta marcar o primeiro gol ante un rival duro e con moi boa forma física. O empate chegaría a nove minutos de terminar a primeira metade, nun remate de Claudia.
A presión navarra era superada polo Poio Pescamar que pouco antes do descanso remontaría cun gol de Jenny.
Durante a segunda parte as navarras continuaron presionando arriba, pero o terceiro gol rojillo non tardou en chegar. Tras un disparo de Suki, que a porteira do Orvina rexeitou, Claudia de cabeza terminaría aloxando o balón dentro da portería visitante.
Cunha defensa dura na segunda metade, o equipo de Basanta marcou un cuarto, un quinto e ata un sexto gol na Seca. O cuarto da capitá Charo.
A cinco minutos do final as navarras comezan co xogo de cinco, o que aproveitou o Poio Pescamar para marcar o quinto, cun tiro de Jenny desde a súa portería.
Finalmente Yoli pecharía o marcador e a goleada cun tanto sobre a bucina, tamén aproveitando a ausencia da porteira e desde o outro lado do campo.
POIO PESCAMAR (6): Yarie; Yoli, Jessi, Pipi, Elena -cinco inicial-, Jenny, Charo, Claudia, Paula, Suki e Ale.
LACTURALE GURPEA ORVINA (1): Rebeca; Lucía, Anna Rise, Irune, Yarima -cinco inicial-, Lucía, Susana, Adela, Irati e Aiora.
Árbitros: Miguel Sierra e Francisco Javier Roldán (Galicia). Amoestaron a Jessi e Suki no Poio e a Irune no equipo navarro.
Goles: (0-1) Minuto 2: Luci. (1-1) Minuto 11: Claudia. (2-1) Minuto 16: Jenny. (3-1) Minuto 28: Claudia. (4-1) Minuto 32: Charo. (5-1) Minuto 34: Jenny. (6-1) Minuto 40: Yoli.
Incidencias: Pavillón Municipal da Seca (Poio). Uns 300 espectadores.
Relacionadas:
-
Ao Poio Pescamar escápaselle o partido en Alicante (4-3) en catro minutos de descoido
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar debuta na Copa Xunta o mércores 21 contra o Olivo FS
Por Redacción |
-
Fai sufrir o Poio Pescamar ao Burela FS pero termina cedendo (5-3)
Por Redacción |
-
Poio Pescamar resolve pronto e golea ao Majadahonda (5-0)
Por Redacción |