O Villalonga non falla e o Sanxenxo recupérase cun cómodo triunfo
Por Redacción
A ritmo de cruceiro continúa o Villalonga no grupo sur da Preferente Galicia, que lidera con suficiencia.
Os celestes lograron este domingo ante o Arenteiro (2-0) o seu quinto triunfo en cinco xornadas para destacarse nos alto da táboa con 15 puntos, 5 de vantaxe sobre os seus perseguidores.
Diego Blanco e Héctor, ambos na segunda metade, certificaron cos seus goles unha traballada vitoria que mantén a imbatibilidade do seu equipo.
No grupo de perseguidores, terceiro e cuarto respectivamente, chegan Portonovo e Céltiga con 10 puntos. Os arlequinados salvaron un punto no tramo final na súa visita ao Ourense CF grazas a un gol de Otero (1-1), mentres os da Illa encaixaron en casa do Atios a súa primeira derrota a tempada (2-1) nun partido no que sempre foron a remolque.
Con nove puntos sitúase na sétima praza un sorprendente Unión Grove, que conseguiu en Domaio a súa terceira vitoria da tempada (1-2) grazas aos goles de José Ramón e Javier Míguez no segundo acto, dando a volta a un marcador que na primeira parte púxose en contra.
A xornada tamén deixa a recuperación do Xuventú Sanxenxo tralo seu irregular comezo de liga, e é que os amarelos lograron un cómodo triunfo na casa ante o Monterrey (3-0).
Abriu a lata Guimeráns na primeira parte de penalti, mentres Richi e Cuchi sentenciaron na segunda para colocar ao seu equipo na duodécima praza con seis puntos.
Relacionadas:
-
Segunda victoria consecutiva do Sanxenxo e novo triunfo do Villalonga para seguir líder na Preferente
Por Redacción |
-
O Gondomar sorprende ao Marcón na segunda metade (1-2)
Por Redacción |
-
O Unión Grove sorprende ao Portonovo en Baltar e o Villalonga destácase na cabeza da Preferente Galicia
Por Redacción |