Xornada de empates no Grupo Sur de Preferente
Por Redacción
Sete de sete para o Villalonga, que segue sen fallar e mantense como líder invicto da Preferente con 21 puntos, 7 de vantaxe sobre o segundo clasificado o Céltiga.
Os celestes tiveron que remontar ante o Alertanavia (2-1) para manterse imbatido, despois do temperán tanto de Lamela aos dous minutos.
Javi Pazos e Jesús Figueira anotaron os goles do Villalonga xa na segunda metade para certificar o triunfo.
O resto de compromisos para os equipos da comarca saldáronse con empates.
O Portonovo empatou sen goles en casa do Lalín, do mesmo xeito que o Céltiga na Estrada, mentres o Sanxenxo igualou a un tanto na casa ante o Porriño Industrial tras neutralizar cun gol de Benjamín a vantaxe que tomaran os visitantes.
Na clasificación, ademais do liderado do Villalonga e o segundo posto do Céltiga, o Portonovo marcha noveno con 11 puntos, o Sanxenxo undécimo con 10 e o Unión Grove décimo terceiro con nove puntos.