Estrella Galicia asina un acordo de patrocinio co Pontevedra
Por Redacción
Unha nova empresa pasa a formar parte da nómina de patrocinadores do Pontevedra Club de Fútbol.
Estrella Galicia asinou un acordo co club granate, en virtude do cal terá presenza no Estadio Municipal de Pasarón con varios valos publicitarios e o seu logotipo na sala de prensa, pero non figurará na camiseta.
Así o explicaron en rolda de prensa este venres a presidenta do club pontevedrés, Lupe Murillo, e o responsable de patrocinios de Estrella Galicia, José Villanueva.
O patrocinio estenderase por unha tempada con opción a outra máis, sen que se detallaran as cantidades económicas do mesmo.