Os paus frean ao Poio Pescamar e provocan a súa derrota ante o Gironella (0-3)
Por Redacción
A falta de acerto nos metros finais condenou ao Poio Fútbol sala a unha inxusta derrota na casa, na visita do Gironella (0-3).
As vermellas estrelaron ata dous disparos na madeira na primeira metade e víronse superadas pola situación.
Elena aos 8 minutos adiantou ao Gironella despois de varias claras ocasións falladas polas locais. O segundo chegaría antes do descanso por medio de Berta Velasco.
Na reanudación as xogadoras adestradas por Jorge Basanta buscaron máis intensidade no seu xogo, pero seguiron fallando na definición ante a meta rival, o que as penalizou en exceso.
A sentenza do Gironella chegaría aos 32 minutos co terceiro gol, obra de Julia, e a pesar de que o Poio recorreu ao xogo de cinco non conseguiu xa reducir distancias.
POIO FS (0): Irene; Elena, Suky, Jessi y Claudia -cinco inicial- Yoli, Jenny, Charo, Moldes, Pipi, Ale.
GIRONELLA FSF: Noe; Celia, Julia, Berta Velasco y Estela -cinco inicial- Iris, Cristina, Elena, Saray, Zoe.
Árbitros: Crestelo Blanco e Vázquez Castellanos (Ourense). Amoestaron a Yoli e Moldes no Poio e a Estela, Julia e Berta Velasco no Gironella.
Goles: 0-1 Elena (min.8), 0-2 Berta Velasco (min.15), 0-3 Julia (min.32).
Incidencias: Pavillón da Seca, Poio, ante máis de 200 espectadores.