Ourense Envialia imponse ao Poio Pescamar (4-2) na segunda parte
Por Redacción
Tivo opcións de conseguir puntuar o Poio Pescamar, pero terminou cedendo na segunda parte na súa visita a un Ourense Envialia que se está mostrando moi forte esta tempada e segue conectado coa zona nobre da clasificación.
As rojillas comezaron ben, con moita intensidade defensiva e impedindo a fluída circulación de balón do equipo local, que tentaba dominar o partido.
Froito dese bo traballo, o Poio Pescamar adiantábase no marcador, cun gol en propia porta de Anita, pero as locais conseguirían igualar antes do descanso, por mediación de Sara Moreno, en xogada individual que finaliza cun disparo raso pegado ao segundo pau.
A segunda parte tivo máis dominio ourensán o que se traduciu en dous goles moi rápidos de Andrea, de disparo cruzado que se aloxaba na escuadra de Irene, e de Marta, culminando unha boa triangulación ofensiva empuxando o centro ao segundo pau.
A pesar diso, o Poio Pescarmar volvería meterse no partido cun golazo, o mellor do partido, nunha espectacular vaselina desde 30 metros de Yoli, que se coa pola escuadra local, pero Ourense Envialia non daría opción e apenas un minuto máis tarde facía o cuarto nun remate de Bea Seijas á saída dun saque de banda.
A falta de cinco minutos o Poio Pescamar recorreu ao xogo de cinco, dominando e creando ocasións claras de gol, pero faltoulle acerto no remate.
OURENSE ENVIALIA (4): Vane; Ro, Peque, Marta, Anita -cinco inicial-, Bea Seijas, Espi, Chiky, Sara Moreno e María Romero.
POIO PESCAMAR (2): Irene; Elena, Suky, Jessi, Claudia -cinco inicial-, Yoli, Jenny, Charo, Ale e Pipi.
Árbitros: Valentín Pesado García e José Luis Villarino Barta (Galicia). Amoestaron a Ale no Poio Pescamar.
Goles: (0-1) Minuto 13: Anita (propia porta). (1-1) Minuto 17: Sara Moreno. (2-1) Minuto 24: Andrea. (3-1) Minuto 27: Marta. (3-2) Minuto 32: Yoli. (4-2) Minuto 33: Bea Seijas.
Incidencias: Pavillón dos Remedios (Ourense). Uns 300 espectadores.
Relacionadas:
-
O líder non dá opción ao Poio Pescamar (0-4)
Por Redacción |
-
Dura proba para o Poio Pescamar coa visita do líder na volta á competición
Por Redacción |
-
Paula desvincúlase do Poio Pescamar
Por Redacción |
-
Díficil saída para o Poio antes do parón
Por Redacción |
-
Os paus frean ao Poio Pescamar e provocan a súa derrota ante o Gironella (0-3)
Por Redacción |
-
Ao Poio Pescamar escápaselle o partido en Alicante (4-3) en catro minutos de descoido
Por Redacción |