Díficil saída para o Poio antes do parón
Por Redacción
O Poio Pescamar afronta este sábado (17:00 horas) o seu último partido de liga nun mes e o fai coa intención de recuperar os puntos que perdeu a pasada semana na casa.
A Primeira División Feminina parará ata o mes de decembro pola disputa do Mundial en Guatemala, unha cita á que finalmente non acudirá a vermella Claudia ao non ser incluída na última convovatoria da Selección Española.
Antes diso, e para afrontar o descanso con bo sabor de boca, o equipo adestrado por Jorge Basanta busca asaltar un complicado escenario, o Pavillón dos Remedios, cancha do Ourense Envialia.
O conxunto ourensán, quinto clasificado con 15 puntos, gañou todos os seus partidos en casa da tempada.
Pola súa banda o Poio FS, oitavo con nove puntos, busca un triunfo que lle enganche á zona nobre da clasificación.