O Marcón cede pola mínima no campo do Atios (1-0)
Por Redacción
Igualdade máxima entre Atios e Marcón, en todo menos no resultado.
Os pontevedreses encaixaron unha dolorosa derrota pola mínima (1-0) nun partido no que fixeron méritos para polo menos puntuar.
Un solitario gol de Víctor Besada para o Atios aos 7 minutos resultou decisivo.
Os de Carlés tentárono, especialmente na segunda metade, pero non foron capaces de perforar a meta contraria.
Esta derrota deixa ao Marcón na novena praza da clasificación de Preferente con 15 puntos.
Consulta aquí o acta do partido.