O Cultural Areas supera ao Marcón no Carrasco (1-2)
Por Redacción
Segunda derrota consecutiva do Marcón Atlético en liga, no Grupo Sur da Preferente, ao verse superado na casa ante o Cultural Areas (1-2).
Os pontevedreses acusaron as baixas coas que chegaban ao encontro, pero competiron e tiveron opcións de lograr algún punto.
Adiantáronse os visitantes aos 39 minutos por medio de Jorge Veloso, pero Sapi conseguía a igualada antes do descanso.
Ao comezo do segundo tempo, cando o Marcón parecía disposto a completar a remontada, Veloso acertou de novo na súa primeira oportunidade, no minuto 48, para certificar o triunfo do Cultural Areas. Aínda que o tentou o equipo de Carlés xa non puido contrarrestar o golpe.
Con este resultado os pontevedreses quedan na undécima praza con 15 puntos.
Consulta aquí o acta do partido.